Manuel Ruiz Rivas, diana das críticas socialistasRibeira, 10 de febreiro de 2011. O Psoe de Ribeira resposta hoxe en nota de prensa a unhas declaracións que fixo o actual portavoz parlamentario do Partido Popular, e dende hoxe candidato á alcaldía ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, sobre o acceso de determinada xente á política.
Os peores tempos do franquismo
O Psoe de Ribeira critica "enerxicamente as declaracións pronunciadas polo portavoz parlamentario do PP galego Manuel Ruiz. As súas trasnoitadas e arcaicas afirmacións ao dicir que parece que ao final o que queremos é que á política chegue Xoán sen Terra e Xoán sen Traballo, lémbrannos aos peores tempos do franquismo". Segundo os socialistas, tales declaracións son "un insulto á democracia e para a maioría dos cidadáns aos que parece que o señor Ruiz quere privar do seu dereito a exercer a política por non ter grandes fortunas ou non pertencer a grandes familias. O feito de que o sr. Ruiz e o PP non teñan interese en que los cidadáns conozan a situación patrimonial dos seus parlamentarios e conselleiros seméllanos un fraco favor ao noso estado de Dereito. A política e as institucións teñen que ser exemplares á hora de promover valores democráticos. A transparencia institucional é fundamental para manter a confianza da veciñanza nas institucións e nos seus representantes. As trabas que o PP pon para que os cidadáns coñezan quen os goberna realmente, non son máis que a clara manifestación da falta de transparencia e ocultismo que profesa esa formación política".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
2 comentarios:
Este señor me asusta por "falso" pero es que en este país solo pueden Gobernar la derecha recalcitrante cuando estaba en la oposición no hacia mas que criticar como estaba el Hospital da Barbanza en la actualidad da pena cuatro meses para resultado de un TAC y lo mismo para Resonancia,esto es lo que el quería, calladito es mas guapo, están en política para"Trincar" El Partido de la Gaviota no tiene arreglo.
hay censura en este blog o pertenece al equipo de la Gaviota
"Gracias Capullos"
Publicar un comentario