<p>a mata from SonCine on Vimeo.</p> Porto do Son, 15 de febreiro de 2011. Xa se pode ver na Rede, aí o teñen, encima destas verbas. Un documento etnográfico de primeiro nivel, con estándares de alta calidade no audiovisual. Un novo reto do proxecto "O meu Son", de SonCine, no cal os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO do instituto levan unha cámara fotográfica Lumix compacta para casa e filman o seu lugar preferido. Desta volta presentan un vídeo sobre a matanza nunha casa do rural, costume que está a retroceder en Galicia ante a paseniña industrialización da morte animal con destino á alimentación humana. "Discutimos sobre se subir ou non este material á rede. Decidimos que si, non hai crueldade nos feitos, hai conciencia, mesmo respeto", explican na información do vídeo do instituto. "O sacrificio prodúcese conforme ás normas cunha aparello de ar comprimido. Despois de morto o animal sángrase ao xeito tradicional. Calquera pode comparar isto con vídeos da web onde se reflicten as condicións nas que son criados, transportados, e sacrificados, de maneira industrial, os animais dos que nos alimentamos diariamente e dará un duro paso cara a conciencia do horror. En calquera caso pensamos que facernos concientes deste suceso é tamén educación. Por outra parte a filmación capta os sucesos de maneira natural e realista", conclúen.Como cantaba Steel Flow no rap rural que deu banda sonora ao anterior vídeo de "O meu Son", "porcos, ghaliñas, feiras, piñas, isto é rap rural, é a pura Ghalisia; non veño da sity, non, non veño tal, sonche máis de ghaliñeiro que de sentro comersial". Por estas bisbarras somos máis de matanza na casa que de matadoiro industrial... Hai tres anos, no YouTube de Certo, fixemos unha lista de reprodución con matas en varios países:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario