Ribeira, 28 de febreiro de 2011. O grupo municipal socialista presentou unha pregunta ante o Concello ao constatar que desapareceu debaixo dos restos das obras da depuradora o chamado "petróglifo da Pedra de Santiago". Pregunta íntegra:Sr. Alcalde/Presidente:
O Grupo Municipal do PSDG-PSOE de Ribeira, no transcurso dun seguemento rutinario das obras de instalación da Depuradora de Corrubedo, ven de comprobar a existencia dos feitos que de seguido se indican. Unha comisión do PSDG-PSOE de Ribeira desprazouse na mañá de onte, domingo, 27 de febreiro de 2011, á parroquia de Corrubedo para, entre outros asuntos veciñais, comprobar a marcha das obras da Depuradora e canalizacións, nos terreos aledaños á Praia do Prado, á Punta do Prado e Pozo Salgueiro. Durante as comprobacións notaron que HABÍA DESAPARECIDO DA SÚA UBICACIÓN O GRUPO DE PETROGLIFOS DENOMINADO “DA PEDRA DE SANTIAGO”, e que xusto enriba dese punto estaban a operar maquinarias pesadas de excavación, presentando o lugar concreto signos ben visibles de remoción, trituración de rochas de gran volume e amoramento de escombro rochoso cercano. Dito grupo de petroglifos consistía nunha forma de espada, un serpentiforme e dúas formas en cazoleta ou media lúa (calificadas como de orixe medieval); e figuran, aparte de en varias fontes documentais e traballos de índole etnográfica, na propia páxina web do Concello de Ribeira; sendo considerados por este grupo municipal como elementos de indubidable valor patrimonial, histórico, cultural e turístico.
Este grupo municipal pode constatou igualmente que hai aínda poucas datas o mencionado petroglifo seguía no seu sitio con normalidade. En vista de tales feitos este grupo municipal, ademáis de solicitar ao goberno de Ribeira unha indagación sobre os mesmos, formula as seguintes preguntas:
¿SABE O GOBERNO DE RIBEIRA O QUE SUCEDEU CO GRUPO DE PETROGLIFOS DE CORRUBEDO DENOMINADO “DA PEDRA DE SANTIAGO”?
¿FÍXOSE O ESTUDO PREVIO SOBRE O TRAZADO DAS OBRAS QUE NO LUGAR CITADO SE ESTÁN A DESENVOLVER, DE CARA A PRESERVAR OS BENS COÑECIDOS E/OU SE CONSIDERASEN PRESERVABLES?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario