Ribeira, 28 de febreiro de 2011. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira programa para mañá, en coa Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e no marco do programa de dinamización Bocaberta 2010-2011 promovido desde a Xunta de Galicia, a realización da actividade “Contos de Maxia”, baseada no libro titulado “Contos de maxia” de Agustín Fernández Paz, consistente na realización dun espectáculo de promoción da lingua galega dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos. A Editorial Xerais, editora do libro, é a encargada de promover e guiar esta actividade de dinamización lingüística, apoiándose para isto nos servizos de normalización lingüística dos concellos galegos.
Co espectáculo “Contos de Maxia” ábrese a porta á imaxinación. As palabras convértense en fascinantes historia máxicas. O Mago Cali mostra, con sorpresa, humor, diversión e moita ilusión como con calquera palabra se pode facer maxia.
Os 150 nenos e nenas que estarán mañá ás 12 horas no Auditorio van ser agasallados cun exemplar do libro no que se basea o espectáculo de maxia, “Contos por palabras”. Este volume contén un feixe de historias que parten de anuncios por palabras atopados nos xornais e que son aparentemente normais mais que dan lugar a historias sorprendentes. Os textos non só chaman a atención polo que neles acontece senón tamén polos seus protagonistas nos que se mesturan persoas normais con seres extraordinarios como un bruxo, unha unicornia, Drácula, Spiderman ou o home-lobo.
Esta acción ten os seguintes obxectivos:
- Fomentar a creatividade en lingua galega.
- Dar a coñecer nos máis novos o Auditorio Municipal como lugar de extensión da cultura galega.
- Difundir a creación literaria e artística en galego.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario