26.4.11

Literatura: unha alumna do instituto da Cachada de Boiro e un alumno do "Virxe do Mar" de Noia, gañadores dos premios Ánxel Casal

1303733880anxelcasalweb

Barbanza-Noia, 26 de abril de 2011. A canteira literaria nestas
bisbarras segue a colleitar premios. Os membros do xurado do concurso
literario Ánxel Casal deu a coñecer onte aos gañadores da XVI Edición,
que neste caso recaeron en alumnos de colexios e institutos de Noia,
Boiro e Santiago. En total presentáronse case 40 traballos chegados de
toda Galicia.

Na modalidade de poesía, o primeiro premio recaeu en Ismael Ramos
Castelo, do I.E.S Virxe do Mar, de Noia, polo traballo "Casa Tomada".
Segundo o xurado, "hai que destacar o traballo na arquitectura do
poemario constituído por catro partes e un post scriptum. É
interesante o diálogo entre as citas, dunha estirpe de escritoras moi
concreta, e a aportación do autor.. Ademais debe salientarse a tensión
reservada para o derradeiro verso, na súa precisión e no coidado da
palabra".

En canto aos traballos presentados na modalidade de Conto, Lucía Laíño
Lojo, do IES A Cachada, de Boiro, acadou o primeiro premio coa obra
SMP15. Para o xurado, estamos ante un conto que non e conto, que é
unha novela, que engaiola pola ambición da narradora de contalo todo,
cunha estructura orixinal, actual e cun elemento fantástico moi ben
introducido no mundo real. En segundo posto quedou Alba Sofía Naseiro
Lamas, do IES Basanta Silva., de Vilalba, co título Os ollos da
pantasma, un relato de pautas, de estilo clásico, con clara
inspiración gótica e vitoriana, apuntando unha linguaxe imitadora da
novela do XIX.

O traballo presentado por Helena Salgueiro Golán, do IES Antón
Fraguas., de Santiago de Compostela, co título "O transitorio das
palabras" foi merecente segundo o xurado do segundo premio xa que
"quere chamar a atención sobre o traballo desenvolvido coa linguaxe, e
a utilización do espacio do poema poñendo a proba a sintaxe. É
interesante, así mesmo, o tratamento da palabra en relación ao
silencio e a contención como fórmula que resolve o desencontro no acto
poético".

No apartado de Teatro, a gañadora foi Concepció Rubert Castro, do
Colexio La Salle, de Santiago de Compostela, polo traballo "Eros &
Psique". O comentario dos expertos destaca a singularidade do tema
abordado que actualiza o mito clásico de Eros e Afrodita levando o
conflito ao tempo actual. Salienta así mesmo a fluidez da escrita e a
estrutura dramática moi coidada, tanto nas acoutacións como no
desenvolvemento dunha peza concibida para ser representada. O segundo
premio declarouse deserto.


ACTA DO XURADO DA XVI EDICIÓN DO CONCURSO LITERARIO ÁNXEL CASAL 2011


Logo da convocatoria do Departamento de Educación deste Concello para
os efectos de elixir os premios da XVI Edición do Concurso Literario
Ánxel Casal nas modalidades de conto, teatro e poesía, reúnense no
Salón Verde do Concello de Santiago de Compostela os seguintes membros
do xurado:

Mercedes Rosón Ferreiro
Marcos Sánchez Calveiro

Concelleira de Educación Escritor

Xosé M. Rodríguez – Abella Gómez

Secretario do Xurado

Manolo Bragado

Director da Editorial Xerais

Dores Tembrás Campos

Poeta

Rosa López Gato

Profesora de Lingua e Literatura Galega

Ás 9:30 horas do día 25 de abril de 2011, a presidencia abre unha
quenda de intervencións para que os membros do xurado expoñan os seus
criterios con respecto aos traballos presentados a esta XVI Edición do
concurso literario Ánxel Casal.

Logo das oportunas deliberacións, resultan elixidos os seguintes textos:

Na MODALIDADE DE POESÍA:

1º Premio, presentado por Ismael Ramos Castelo, do I.E.S Virxe do Mar,
de Noia, co título Casa Tomada e baixo o pseudónimo Antítese da
Ruína.

Comentario:

Hai que destacar o traballo na arquitectura do poemario constituído
por catro partes e un post scriptum. É interesante o diálogo entre as
citas, dunha estirpe de escritoras moi concreta, e a aportación do
autor. Ademais debe salientarse a tensión reservada para o derradeiro
verso, na súa precisión e no coidado da palabra.

2º Premio, presentado por Helena Salgueiro Golán, do IES Antón
Fraguas, de Santiago de Compostela, co título O transitorio das
palabras e baixo o pseudónimo Valsanviz.

Comentario:

O xurado quere chamar a atención sobre o traballo desenvolvido coa
linguaxe, e a utilización do espacio do poema poñendo a proba a
sintaxe. É interesante, así mesmo, o tratamento da palabra en relación
ao silencio e a contención como fórmula que resolve o desencontro no
acto poético.

MODALIDADE DE TEATRO:

1º Premio, presentado por Concepció Rubert Castro, do Colexio La
Salle, de Santiago de Compostela, co título Eros & Psique e baixo o
pseudónimo Rufa López .

Comentario:

O xurado destaca a singularidade do tema abordado que actualiza o mito
clásico de Eros e Afrodita levando o conflito ao tempo actual. Destaca
a fluidez da escrita e a estrutura dramática moi coidada, tanto nas
acoutacións como no desenvolvemento dunha peza concibida para ser
representada.


2º Premio, declárase deserto.

En canto aos traballos presentados na MODALIDADE DE CONTO:

1º Premio, presentado por Lucía Laíño Lojo, do IES A Cachada, de
Boiro, co título SMP15 e baixo o pseudónimo Ericium.

Comentario:

Un conto que non é conto, que é unha novela. Engaiola pola ambición da
narradora de contalo todo, cunha estrutura orixinal, actual e cun
elemento fantástico moi ben introducido no mundo real.


2º Premio, presentado por Alba Sofía Naseiro Lamas, do IES Basanta
Silva, de Vilalba, co título Os ollos da pantasma e baixo o
pseudónimo Rosalía Branco .

Comentario:

Un relato de pantasmas, de estilo clásico, con clara inspiración
gótica e vitoriana.

Apunta unha linguaxe imitadora da novela do XIX.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2011

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical