O xurado cualificou de moi satisfactorio o número de novelas presentadas, que ten un primeiro e único premio de 3.000 euros, diploma conmemorativo da obra e publicación que será realizada por Edicións Xerais de Galicia.
Os comité encargado de dirimir quen será o gañador está composto pola profesora María Ángela Rodríguez Sampedro; o poeta e editor Antonio Piñeiro Fernández,; o mestre e escritor Xabier López Marqués; e o director da Xerais, Manuel Bragado Rodríguez. Exerce de secretaria Alicia Padín Otero, dinamizadora lingüística do Concello de Riveira, que ten voz pero non voto.
Cabe lembrar que este Concurso de Novela Curta ten carácter bienal e pretende potenciar e apoiar a literatura en lingua galega. Naceu co gallo de conmemorar a concesión do título de Cidade a Santa Uxía o 23 de marzo de 1906 e tivo como gañadoras nas súas dúas primeiras convocatorias as obras “As mellores intencións”, de Begoña Paz, e “Vertixes”, de Ignacio Silva.
O certame estivo aberto a todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade ou residencia, cun único traballo en lingua galega normativa de temática libre, orixinal e inédito. A obra debe ter unha extensión mínima de 80.000 caracteres e máxima de 120.000 caracteres.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario