É un achegamento á obra de Lois Pereiro, poeta ao que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano 2011
Serafín Marcos, vixiando que non lle cuspan enriba -aínda-

A Pobra do Caramiñal, 14 de abril de 2011. Mañá, venres 15 de abril, no IES de Pobra do Caramiñal ás 11,30 e 12,40 h., haberá dúas representacións de Serafín Marcos da obra "Cuspídeme enriba" sobre Lois Pereiro (Letras Galegas 2011).
“Cuspídeme enriba” é un achegamento á obra de Lois Pereiro e ás súas circunstancias vitais. Un espectáculo dinámico, ameno e participativo para tódalas idades. Un ouveo que reúne o amor e maila morte. Unha ponte dende a poesía ó corpo. Un río de vida que flúe entre os asistentes e os engule. Un golpe vital antes de que este soño derradeiro se mergulle no océano da nada, no secreto pacto co silencio. Un soño que prorroga a vida, un sortilexio para saír da morte. A imaxinación mergullada nas palabras, nas accións que van na procura dun rumbo dirixido ás imaxes nun mapa do tacto, das pegadas dos sons, do ecoar de recendos. Unha pinga pendurada sobre unha illa secreta no interior do corpo. “Unha mensaxe húmida de vida e de furia necesaria”.
Os asistentes participan sen descanso durante 50 minutos mergullándose no mundo das verbas-imaxes de Lois Pereiro, como adoita suceder en cada interpretación que Serafín Marcos fai dos autores aos que se lle adican as Letras Galegas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario