14.4.11

Boiro: exhibición de skate e bicicletas bmx este sábado 16 de abril nas pistas de A Negral

Boiro_pistas_skate

Boiro, 14 de abril de 2011. Uns 50 membros da Asociación Xuvenil de Skate e BMX “Freestyle”, de Cangas, visitarán este sábado, día 16 de abril, o municipio boirense para realizar unha exhibición nas recentemente estreadas pistas de skate, situadas na Praza Boqueira de “A Negral”. A este colectivo sumaranse un grupo de afeccionados ao skate de Boiro, que igualmente amosará as súas habilidades nas pistas.

A esta festa deportiva únense tamén o Clube Ciclista Barbanza, que realizará unha ginkana ciclista, así como o colectivo fotográfico Olláparo, que se encargará de inmortalizar a xornada.

As actividades comezarán ás 12.00 horas e contarán coa asistencia do Alcalde, Xosé Deira Triñanes; a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, así como outros membros do executivo boirense.


Outras convocatorias, este venres 15


O venres 15 de abril, o alcalde e outros membros do goberno realizan unha presentación conxunta coa Asociación Boirense de Empresarios para informar sobre novas normas coas terrazas dos establecementos hostaleiros. A mediodía.


Tamén o venres, 15 de abril, haberá unha audición a cargo dos alumnos da Escola Municipal de Música do Concello, na que intervirán uns 60 rapaces das especialidades de vento e metal. Será na Estación Leñaverde (sotos do Centro Social) ás oito da tarde.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical