14.4.11
Boiro: o saneamento de Runs, adxudicado a Javasán, beneficiará a uns 25 veciños
Boiro, 14 de abril de 2011. O Concello de Boiro adxudicou á empresa Javasán – Excom, na última Xunta de Goberno Local, por un importe de 88.092,72 euros, a execución da obra “Saneamento en Runs”, financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) da Deputación da Coruña. Esta actuación beneficiará a unhas 25 vivendas deste núcleo de poboación, que se poderán conectar á rede de saneamento municipal. As obras, que comezarán proximamente e teñen un prazo de execución de tres meses, consisten na colocación de 572 metros lineais de alcantarillado, así como outros 293 de liñas secundarias de conexión ás vivendas. Esta actuación complementa as xa realizadas para o saneamento integral do río Coroño, xa que cómpre lembrar que nunha 1º fase, financiada pola Consellería de Medio Ambiente, dotouse deste servizo a núcleos como Teaño, Coroño ou A Feosa, e na actualidade, igualmente con fondos da Xunta de Galicia, estase a facer unha segunda fase, que afecta a un tramo máis importante en canto a número de beneficiarios, en núcleos como Comoxo e Mieites. Igualmente, o investimento supera os 800.00 euros. Unha vez executado o saneamento en Runs, quedaría por facer unha cuarta e última fase do saneamento, en zonas como Pomar do Río, Enseño, Loxo de Arriba, Loxo de Abaixo e Cures, para a cal o executivo boirense está a buscar financiamento. O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, xa teñen exposto ao Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, a necesidade desta actuación, igual que ao presidente de Augas de Galicia, quen adoptou o compromiso de facer un estudio da zona.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario