14.4.11

Ribeira: ludoteca para os do Banco de Tempo en Semana Santa, promovida por Trapallada

Ludoteca_banco_do_tempo

Haberá obradoiros de maquillaxe facial, cancións, xogos cooperativos, multideporte e xogos de distensión

Media_httpfarm5static_bbiww

Ribeira, 14 de abril de 2011.- Grazas á Asociación Trapallada na súa calidade de membro do Banco do Tempo de Ribeira, este servizo organiza unha acción que ten como obxectivo permitir a conciliación da vida familiar e laboral das súas persoas socias. Concretamente, unha ludoteca que se desenvolverá os próximos días 18, 19 e 20 de abril nas aulas que os Servizos Sociais teñen na rúa Cristóbal Colón. 

“Esta iniciativa nace coa intención de desenrolar un dos obxectivos do Banco do tempo, que é facilitar a conciliación familiar e laboral –manifestou a concelleira de Acción Social, Esther Patiño Rey- pois aínda que as nenas e nenos non teñen colexio, as nais e os país si teñen que traballar sendo unha problemática moi presente na nosa sociedade”. A edila riveirense (que estivo acompañada da secretaria do Banco, Estela Saa) agradeceu durante a presentación da actividade a implicación e colaboración do colectivo xuvenil que dirixe Sabela Crujeiras . Ademais, desculpou a ausencia de representantes de Trapallada por serlles imposible acudir por motivos académicos.

Está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Hai 30 prazas convocadas. O único requisito para poder tomar parte é que un dos familiares (pai, nai, avó...) sexa socio do Banco do tempo. As persoas que non sexan socias aínda están a tempo de inscribirse mañá e poder beneficiarse así desta iniciativa. Para isto, deben acudir ao CIM (Centro de Información á Muller) e deixar os datos pertinentes.

A ludoteca terá lugar en horario de mañá, de 10 a 13, e constará das seguintes actividades:

    * Maquillaxe facial: mediante a cal as nenas e nenos participantes se poidan meter no rol do seu personaxe favorito.

    * Xogos cooperativos: que englobarán actividades nas cales os obxectivos só poidan ser conseguidos en equipo.

    * Xogos de distensión: a través dos cales as nenas e nenos poderán liberar enerxía, rirse e estimular o movemento.

    * Xogos multideporte: abarcan os xogos populares (tales como o pano, pita cega, etc.)

    * Taller de cancións.

A Asociación Trapallada naceu no ano 2009 e está composta actualmente de 30 socios e socias con idades de 15 a 30 anos.

Polo que respecta ao Banco de Tempo, conta a día de hoxe con 31 socios e ofrece múltiples servizos de intercambio, como clases de cociña e de inglés, manualidades, manicura...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical