Muy buen diseño. Cero en usabilidad". Dende A Subela xa pediron que se complete o listado de asociacións: "Non está mal, quizáis poderiades engadir en cultura asociacións que hai en Noia, coma o Liceo, Mar de Noia, Amas de casa". Un usuario de Iphone advirte: "Miraa nun ipod/iphone/ipad. Vaise todo ó c***llo", ao que o alcalde resposta: "Ben, ben diso se trata de rebentala, e detectar todos os erros. Nunha semana a versión definitiva".
Á lista de recomendacións para mellorala súmanse todas estas: mellorar os menús, engadir unha sección de anuncios onde se dea conta de actos, actividades, cursos e demais; corrixir a ligazón dos trámites para descargalos; facer unha sección con noieses destacados; incluír algunha farmacia que falta e poñer as de garda e colgar todas as ordenanzas para non ter que ir ao Concello a pedilas. Para ser o primeiro día en funcionamento, non está nada mal. Outra cousa non sabemos, pero apatía aos internautas noieses non se lles pode achacar.
Noia, 20 de maio de 2011. Xa funciona a web municipal do Concello de Noia case a pleno rendemento. Antes só estaba activo o "Perfil do contratante" pero agora está toda a interfaz en marcha. O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, pediu a través de Facebook colaboración cidadá para corrixila, mellorala e completala. Unha petición que tamén realiza dende a propia web, no apartado "Saúda do alcalde": "Agradeceremos todas as suxerencias que se fagan para completala, pois unha web, igual que a realidade, é sempre algo en permanente mellora e construción. Buscaremos dende o Concello ser o máis interactivos posibles e dar resposta ás necesidades informativas da veciñanza e de todos aqueles que nos escollan como destino da súa viaxe. Temos ante nós un novo e apaixoante reto: modernizar a administración municipal e conseguir unha democracia máis participativa e directa. Iso só será posible coa túa colaboración, a cal agradezo dende agora", explica.E a colaboración, coa instantaneidade que ofrece Facebook, non se fixo agardar. Aos poucos segundos chegou a primeira crítica -constructiva iso si- sobre a web: "Á lista de recomendacións para mellorala súmanse todas estas: mellorar os menús, engadir unha sección de anuncios onde se dea conta de actos, actividades, cursos e demais; corrixir a ligazón dos trámites para descargalos; facer unha sección con noieses destacados; incluír algunha farmacia que falta e poñer as de garda e colgar todas as ordenanzas para non ter que ir ao Concello a pedilas. Para ser o primeiro día en funcionamento, non está nada mal. Outra cousa non sabemos, pero apatía aos internautas noieses non se lles pode achacar.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario