Noia, 13 de xuño de 2011. Este sábado, 18 de xuño, ás 18:00 horas comeza no polideportivo municipal de Noia o partido da final do Play Off de ascenso á División de Prata. Xoga o Noia Fútbol Sala como anfitrión contra o Hospitalet Bellsport F.S Na ida, o conxunto que dirixe Moncho Vázquez colleitou un resultado bastante negativo, (4-1). Pese á derrota, o gol do brasileiro Marcio deixa a eliminatoria aberta, polo que o equipo aínda ten posibilidades de lograr gañar a eliminatoria e conseguir o ascenso tan desexado polos afeccionados. Chamamento aos seareiros para animar ao equipoA organización quere facer "un chamamento á afección para que o sábado acuda ao Municipal de Noia a animar ao equipo local. Que a afección sexa o sexto xogador na pista!".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario