- Trátase dun estudo sobre conflitividade e comunicación entre adolescentes e as súas familias
- Organízano unha facultade de Vigo, outra de Santiago e outra de Sevilla
Cóntanlle estes adolescentes ás súas familias que fan botellón e con que frecuencia? É unha das cuestións a estudar nesta investigación de dúas universidades galegas e unha andaluzaNoia, 13 de xuño de 2011. A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Psicoloxía) e a Universidade Pablo Olavide de Sevilla (Facultade de Psicoloxía) levan a cabo unha investigación sobre o nivel de conflictividade e a comunicación entre ambos proxenitores nas familias con fillos e fillas adolescentes. Segundo informou o técnico da UAD de Noia, David Saavedra Pino, o Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias desta bisbarra vai colaborar con este estudo. A finalidade da investigación é establecer un perfil do adolescente a a súas pautas de comunicación nas familias, así como a relación entre pautas comunicativas e consumo de drogas. A metodoloxía da investigación é mediante un cuestionario anónimo e confidencial autoadministrado.Durante o mes de septembro-octubro está previsto redactar o informe coa análise dos datos e coas conclusións da investigación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario