- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado xa ten aberto o prazo de inscrición para que participen rapaces entre os 18 e os 30 anos
- O programa desenvólvese nos ámbitos da arte dixital en Porto (Portugal), Bangor (Gales, Reino Unido), e Angoulème (Francia), financiado con fondos europeos
- A prioridade é promover proxectos transnacionais de innovación e redes empresariais
Algunhas estadías son para asistir a certámenes internacionais
Santiago, 13 de xullo de 2011.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de lanzar o proxecto ‘Imaxina Atlántica’ que, ao abeiro do programa “Espazo Atlántico” financiado con fondos FEDER, oferta 24 estadías noutras rexións de Europa para mozos e mozas profesionais de entre 18 e 30 anos centradas na arte dixital.
En concreto, o programa –para o que xa está aberto o prazo de inscrición- desenvólvese nos ámbitos da Comunicación Audiovisual, Publicidade, Produción Artística, cultural e visual, Multimedia, Patrimonio ou Turismo aplicado á arte dixital, en Porto (Portugal), Bangor (Gales, Reino Unido), e Angoulème (Francia) e os mozos interesados poderán enviar a súa candidatura a xuventude@xunta.es.
A iniciativa oferta doce estadías de quince a trinta días de duración que inclúen viaxe, aloxamento e manutención; e outras doce de tres ou catro días para asistir á certames internacionais, feiras internacionais ou exposicións.
O obxectivo desta actividade é fomentar a formación dos mozos profesionais, nun contexto europeo, axudando á realización de estadías en empresas, asociacións e institucións doutras rexións de Europa, con fin de favorecer o fortalecemento e a creación de redes empresariais desde o espazo atlántico e ofrecer aos participantes prácticas profesionais, adquisición e uso de coñecementos, competencias e cualificacións con vistas ao desenvolvemento persoal, a empregabilidade e a participación no mercado laboral europeo.
Este programa é para arte dixital en concreto
Como prioridades deste programa tamén está promover a mobilidade europea da mocidade creadora galega, apoiar as melloras da calidade e a innovación e a súa transferencia entre distintos países, promover a aprendizaxe de idiomas nun contorno empresarial, adquirir autonomía persoal e mellorar a capacidade de traballo con persoas de distintos contornos culturais.
O espazo de cooperación do territorio que cubre este programa comprende as rexións de Poitou-Charentes en Francia, norte de Portugal, País de Gales do Reino Unido, e Galicia. A prioridade do proxecto é a de promover redes transnacionais empresariais e de innovación, pero non só se centra na innovación científica e técnica, senón tamén noutros elementos da economía actual do coñecemento, como novos tipos de servizos empresariais ou técnicas de márketing innovadoras, con especial consideración pola dimensión transnacional destas prácticas.Pode que lle interese:
Exposición: no Centro Social de Boiro, do 15 de xullo ao 15 de agosto, Sabela Rey
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario