- Contan con ter finiquitado o gasoduto a primeiros de 2012
Flickr de restmodern.de (Oliver Elser & Andreas Muhs)A Pobra do Caramiñal, 5 de xullo de 2011. O director xeral de Gas Galicia, Javier Orviz, presentou hoxe ao alcalde de A Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, o proxecto de gasificación que se vai realizar no municipio e que permitirá que máis de 900 familias e comercios desfruten das vantaxes que ofrece esta enerxía. Gas Galicia investirá 1,3 millones de euros na construción dunha rede de distribución de 15 quilómetros que fará posible levar o suministro de gas natural ao núcleo urbano de A Pobra a primeiros de 2012. A canalización descorrerá polas principais rúas do núcleo urbano e dará tamén suministro ao Polígono Industrial de A Tomada e á zona do porto. Nestes intres, Gas Natural está a executar o ramal que conecta coa rede de distribución de Ribeira, que conta con suministro de gas natural dende o pasado mes de maio.Pode que tamén lle interese:
Cultura: actividades para este verán 2011
Regata Rías Baixas: do 12 ao 14 de agosto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario