5.7.11

Xadrez: Jorge Méndez, no posto 15 de cen e Marco Bravo, no 30 de 70 no Campionato de España Sub10 e Sub8

Jorge_mendez_rial_campen_galle

Na imaxe, Jorge Méndez, actual campión galego sub8, con Mireya Represa, campiona de España sub10, que é natural de Baiona (Pontevedra)

Rianxo, 5 de xullo de 2011. As xoves promesas do Distribunosa Xadrez Rianxo, Jorge Méndez Rial e Marco Bravo Rodríguez entraron no ránking dos mellores axedrecistas españois. Entre os días 24 de xuño e 3 de xullo pasados celebrouse no hotel Scala de Padrón o Campionato de España 2011 de categorías Sub8 e Sub10.

Na competición déronse cita os mellores axedrecistas nacionais. En representación do club rianxeiro acudiron Jorge Méndez e Marco Bravo, que realizaron un excelente campionato. Marco Bravo, en Sub8, é o primeiro ano que concorre a este tipo de competición e obtivo catro vitorias de sete partidas xogadas. Enfrontouse aos campións das comunidades de Canarias, Aragón, Catalunya, Baleares, Valencia e Andalucía. Obtivo o posto 30 no ránking dos 70 mellores clasificados.

Jorge Méndez, en Sub10, tivo unha sobresaínte actuación, pois venceu aos actuais campións de Asturias, Murcia e Madrid e só perdeu contra o campión valenciano e a actual campiona de España, Mireya Represa. Loitou polo campionato nacional ata a penúltima ronda, con nove partidas desputadas, das que sete foron contra xogadores con Elo Finde (categoría internacional) e venceu a cinco deles. Acadou a posición decimoquinta no ránking dos cen mellores clasificados.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical