5.7.11

Ribeira: aberta a inscrición ata este venres 8 para os maiores que queiran viaxar ás Illas Cíes

  • Custa case 40 euros, todo incluído. Pódense anotar ata este venres 8
  • A viaxe é o venres 15 de xullo
Media_httpfarm5static_elgis

Ribeira, 5 de xullo de 2011. O Concello anuncia que xa abriu o prazo de inscrición para a viaxe que, con destino ás illas Cíes, está programado para o vindeiro 15 de xullo e se incardina na programación de saídas culturais para maiores que organiza a Concellería de Promoción Social, Servizos Sociais, Mercados e Consumo que dirixe Vicente Mariño de Bricio. 

O devandito prazo estará  aberto ata o venres 8 de xullo e os interesados en anotarse poden facelo presentando as súas correspondentes solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sita na rúa Correos nº5 de Santa Uxía (horario para inscribirse: de 12 a 13.30 horas). 

O prezo por participar é de 39.20 euros, incluíndo desprazamento en autocar, comidas, guía  e seguro de viaxe. 

Antes, en Certo:


Saídas culturais: 46 de viaxe ás Médulas

Pode que tamén lle interese:


Verán cultural: vexa toda a programación de 2011

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical