5.7.11

Dodro: o Concello valora a asistencia á XIV Festa do Carneiro de Dodro

Media_httpfarm4static_fzaek

Dodro, 5 de xullo de 2011. A xornada da XIV Festa do Carneiro tivo lugar "cun grande éxito de acollida", manifestaron hoxe fontes do Concello. A asistencia dos moitos veciños que se achegaron á Fonte Primeiral e que ateigaron ata o 100% a carpa disposta, "serve para ratificar as sensacións do equipo de goberno que valora a xornada deste domingo con dobre satisfacción: tanto por confirmar a necesidade da recuperación desta Festa do Carneiro – en tanto que polo de atración sobre o noso municipio - como pola alegría de gozar con todos e todas os veciños e veciñas duns momentos de concordia, sentíndonos en todo momento como unha FAMILIA UNIDA", aseguran.

O Concello agradécelle particularmente a súa presenza "a todas as persoas que se achegaron de tódalas parroquias de Dodro, tamén desde lugares próximos (como a Pobra, Vilagarcía, Rianxo, Ribeira…) así como desde Asturias, Tenerife ou Arxentina. Non podemos deixar pasar a ocasión de agradecer tamén a colaboración de voluntariado, na campaña de publicidade e o arroupamento prestados por alcaldes doutros Concellos, o grupo de Protección Civil de Boqueixon e ao párroco que oficiou a misa cantada".

Críticas á oposición por non asistir

Segundo o equipo de goberno, "cabe tamén destacar a ausencia de outras agrupacións políticas, posto que a FESTA DO CARNEIRO supón a unión e o orgullo do Concello, sen diferenzas nin exclusións de ningún tipo, posto que é unha Festa por e para os Veciños de Dodro".
 
Desde o Concello sentiuse tamén "un grande orgullo por ter a oportunidade de felicitar, nesta xuntanza multitudinaria, ao campión do mundo de maratón en kaiak, na súa categoría, Rubén Gómez Rial. Máis alá do detalle do que se lle fixo entrega, o mellor que lle puidemos ofrecer foi un pechado aplauso de recoñemento por parte de todos os veciños alí reunidos, mostrando gratitude e agradecemento a Rubén por facernos partícipes dos seus numerosos éxitos. Foi así unha xornada de celebración, de sensacións compartidas alí presentes, o que nos leva a sentir tanta satisfacción polo grande éxito pola FESTA DO CARNEIRO", rematan.

Vía www.concellodedodro.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical