- A rapaza Monina Chej foi recibida hoxe no Concello
Monina é a única nena saharaui que residirá durante os dous meses de verán no Concello a través do programa “Vacacións en Paz”. Pese á mala situación económica pola que atravesa o concello, o equipo de goberno non quixo renunciar a esta actividade solidaria e cumpriu co convenio asinado coa asociación “Solidariedade galega co pobo saharaui” que permite traer a Monina a desfrutar do seu último verán en Galicia. A nena recibiu un pequeno agasallo de benvida e comentou que de “Dodro lle gusta todo menos ter que ir ao médico”.
Relacionada:
- Vacacións en paz: tres nenos saharauis en Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario