Vistas dende Pico Muralla á Ría de ArousaRianxo, 17 de agosto de 2011. O Servizo de Deportes organiza para vindeiro 27 de agosto, sábado, a subida ao Monte Muralla. Trátase dunha ruta de 14 quilómetros, de dificultade media-alta e cunha duración estimada de 5 horas. O punto de encontro será as 8:15 h. nas Miráns (Araño). Prevén saír ás 8:30 horas. A actividade vai dirixida a maiores de 16 anos. A participación de menores desta idade (obrigatoriamente acompañados dun adulto) así coma a de maiores de 60 anos requirirá de autorización previa do Servizo de Deportes. A inscrición é obrigatoria e poderá formalizarse na oficina do Servizo de Deportes (981.86.63.81), por correo electrónico (deportes@concelloderianxo.es) ou nos pavillóns polideportivos municipais.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario