9.9.11

Dodro: o Concello xa se adianta á campaña de Nadal e recolle xoguetes


Dodro, 9 de setembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro crea un novo programa (neste concello, pois é moi vello, por exemplo, en Radio Nacional) de cara ó Nadal: UN NENO, UN XOGUETE, UNHA ILUSIÓN.

Con este programa preténdese poder suplir as carencias do sector máis desfavorecido en datas tan sinaladas como o Nadal. O programa arranca cunha recollida de xoguetes que se realizará nas oficinas de Servizos Sociais durante todo o ano. Todas as persoas que o desexen poderán colaborar aportando os xoguetes de xeito altruísta coa comunidade na que vive. Os xoguetes poderán ser de todo tipo sempre que estean en bo estado.

Risa

Por outra banda, a mesma concellería colabora co Centro de Día de Dodro na posta en marcha do Obradoiro de Risa e Movemento Creativo. O taller será todos os luns de 16:30h a 18:00h no local municipal do Centro de Día para veciños de máis de 60 anos. Está aberto o prazo de inscrición ata o 26 de setembro, día en que comeza o obradoiro.


Image_gallery

cartel risa e movemento creativo[1].pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical