9.9.11

Lousame: a Banda de Música abre os prazos de matrícula para estudar ou aprender a tocar instrumentos

Lousame, 9 de setembro de 2011. A Banda de Música de Lousame -constituída en asociación cultural "Prudencio Romo" tamén- abre os prazos de matrícula para a Escola de música de Lousame neste curso 2011/2012. 

      As materias impartidas son as seguintes:

  • Música e movemento (para nenos de 4 a 7 anos)
  • Linguaxe musical (para nenos a partir de 8 anos)
  • Aprendizaxe dun instrumento:
    • Frauta
    • Oboe
    • Clarinete
    • Saxofón (alto, tenor ou barítono)
    • Fagot
    • Trompeta
    • Trompa
    • Trombón
    • Tuba
    • Percusión

      As clases impartiranse nos locais da banda na Casa da Cultura de Portobravo ou na escola do Sanguiñal (San Roquiño-Tállara), así como no local social de Cruído en función da materia de que se trate e comenzarán no mes de outubro (día 3). 

      Os impresos de matrícula podense recoller na conserxería do Colexio da Silva ou na Casa da Cultura e o prazo de matrícula está aberto ata o día 7 de outubro de 2011. A matrícula realizarase entregando o impreso na Casa da Cultura en horario de 09:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00, enviando os datos por correo electrónico á dirección banda@concellodelousame.com ou por teléfono nos números 676982604 (César) ou 652808122 (Fernando). 

      Máis información no teléfono 676982604 (Banda de Lousame) ou na direccion de correo banda@concellodelousame.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical