A Pobra, 22 de setembro de 2011. Un grupo de 67 veciños chegados desde Villa Alcázar de Sirga, na provincia de Palencia, achegáronse esta mañá ata as instalaciós do Museo Valle-Inclán, onde, unha vez máis, foron recibidos pola técnica Begoña Olveira Sanisidro, encargada de guialos polas distintas dependencias e contidos da casa-homenaxe ao creador do esperpento.
Trátase dun grupo namorado das terras galegas que, dúas veces no ano se lles resulta posible, fan un percorrido por Galicia, e que escolleron desta volta as terras barbanzanas, tan ligadas á figura e a literatura de Valle-Inclán, polas que moitos deles sinten verdadeira admiración.
Ante as portas do Museo quixeron plasmar a lembranza do seu paso pola Pobra do Caramiñal a través dunha fotografía de grupo, logo da cal pasearon polas rúas máis céntricas da vila antes de encamiñarse cara ao cumio da Curota.
Relacionada:
Museo Valle-Inclán: dende o 20 de setembro, horario de inverno
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario