22.9.11

Política: o Psoe denuncia que a Xunta non cumpre as recomendacións do Consello de Contas e ten no Sergas "un burato negro"

  • José Manuel Lage Tuñas defende o traballo do órgano fiscalizador pero considera que “o Goberno galego practica o escapismo permanente ao incumprir as súas recomendacións nun 60% das mesmas"
  • Propón ao Consello de Contas que analice a utilidade da administración paralela e fiscalice “o burato negro da función pública e concretamente do Sergas”
  • Defende que o órgano fiscalice se as entidades, organismos e sociedades públicas están cumprindo o fin para o que foron creadas e esixe á Xunta que siga a recomendación do ente fiscalizador de harmonizar salarios na función pública

Media_httpfarm3static_jrghd

Corren xa rumores de que este servizo vai desaparecer

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011. O portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, José Manuel Lage, revelou hoxe que o Goberno galego incumpre preto do 60 por cento das recomendacións do ente fiscalizador. Así o dixo no debate en Comisión do último informe de fiscalización emitido polo organismo, no que Lage pediu que analice a utilidade da administración paralela.

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista recoñeceu o traballo do ente pero criticou o “escapismo permanente” do Goberno galego ao incumprir reiteradamente estas recomendacións. Sinalou que actualmente a Xunta só cumpre o 40,6 por cento das propostas, co que “só 4 de cada 10 propostas son implantadas de xeito pleno” polo goberno galego.

Lembrou así o incumprimento por parte da Xunta da recomendación de harmonizar salarios para postos semellantes na administración pública. Lage Tuñas lamentou que tanto o Goberno galego como o PP no Parlamento de Galicia rexeitaron establecer “orde” nos salarios para fixar retribucións acorde cos postos tanto no debate da Lofaxga como nas diferentes propostas presentadas polo PSdeG-PSOE.

Lage Tuñas sinalou que o PP e a Xunta rexeitaron establecer o salario do presidente como máximo na administración pública e fixar a partir de aí os criterios, rexeitando implantar as recomendacións do Consello de Contas neste mesmo sentido. Dixo que a situación de “disparidade e asimetría” entre os empregados públicos “non é razoable”, e reclamou que cumpra coa recomendación para adecuar os contratos directivos ás súas funcións reais.

Tamén lembrou o incumprimento das recomendacións do órgano relativas á licitación e adxudicación por parte da administración “respectando os principios de contratación pública, así como evitar que se realicen tarefas habituais correspondentes a un ente concreto por parte de empresas externas”.

O portavoz socialista pediu ao Consello de Contas que analice a utilidade de entes organismos e sociedades da coñecida como administración paralela, e propuxo que fiscalice si as entidades, organismos e sociedades públicas están cumprindo o fin para o que foron creadas.

Burato negro

Tamén propuxo ao ente que leve a cabo unha “fiscalización exhaustiva do que sucede co burato negro da dirección xeral de Función Pública e concretamente no Sergas”, xa que “non pode ser alleo das situacións que se presentan” sobre o acceso á función pública con irregularidades que mesmo teñen sido analizadas e denunciadas polo Valedor do Pobo, con situacións arbitrarias recoñecidas pola propia administración en informes internos”.

O responsable socialista dixo que o informe presentado hoxe, correspondente ao ano 2008, reflicte que a situación económico – financeira do goberno galego “comparativamente non ten nada que envexar coa das demais comunidades autónomas”, “malia as críticas” dos actuais responsables da Xunta. Dixo así que “a realidade contable reflicte moitas mais luces que sombras”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical