22.9.11

A Pobra: proxectan unha rede de sumidoiros na rúa Luís Seoane e o saneamento e abastecemento de auga en Cadreche-Freixo

  • Polo de agora son só proxectos presentados na Deputación Provincial, non hai datas de realización
Media_httpfarm6static_dqyku

O novo campo de fútbol de Cadreche non ten rede de abastecemento nin saneamento

A Pobra, 22 de setembro de 2011. Informou hoxe o Concello de que xa están presentados na Deputación Provincial dous proxectos de obras "moi importantes para levalos a cabo na maior brevidade posible".

Ditos proxectos son:

  1. INSTALACIÓN DE REDE DE SUMIDOIROS NA RÚA LUÍS SEOANE: obra moi necesaria e moi demanda polos veciños, que conta cun orzamento de 235.784,45 € e que consistirá en:
    1. Instalación dunha rede de saneamento de 258 m.l. en tubaria PVC-SN4 compacta de 315 mm de diámetro para recoller as augas residuais da zona e de 8 pozos de rexistro de ata 155 cm de profundidade.
    2. Instalación dunha rede de pluviais de 240 m.l. en tubaria PVC-SN4 de saneamento de 400 mm de diámetro para recoller as augas pluviais da zona, 12 pozos de rexistro de ata 155 cm de profundidade e 27 sumidoiros prefabricados de 60x30 cm.
  1. INSTALACIÓN DE REDES DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO EN CADRECHE-FREIXO: esta obra conta cun orzamento de 235.922,97 € e dará servizo, ademais de aos veciños da zona, ao novo campo de fútbol de Cadreche e o máis importante, ao Colexio Público Pilar Maestú Sierra. As obras consistirán en:
    1. Instalación dun sistema de bombeo, con bombas somerxibles, dentro do depósito de auga potable existente en Cadreche conformado por dous equipos grupo motor-bomba cun caudal de 38,1 m3/h, camisa de refrixeración, cadro eléctrico con baleirador de velocidade para axustar presión o caudal constante e depósito de membrana.
    2. Instalación de rede de abastecemento desde o grupo de presión anterior de 924 m.l. en tubaria PEAD de 110 mm de diámetro, 6 válvulas de comporta embridada de 100 mm, 2 válvulas de comporta embridada de 60 mm e 2 válvulas de ventosa trifuncional de 60/65 mm.
    3. Instalación de rede de saneamento de 649 m.l. en tubaria PVC-SN4 de 315 mm de diámetro e 25 pozos de rexistro de ata 155 cm de profundidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical