Ribeira, 22 de setembro de 2011. A asociación AMBAR incorpora una nova embarcación ó Programa Vela para Todos. Dende 2007, as actividades de Vela para Todos veñen funcionando con tres embarcacións construídas en Australia do modelo “Access 303”, financiadas polas empresas locales Congalsa e Serdeco.
Coa experiencia acadada durante este tempo, nesta ocasión foron os propios monitores e participantes no programa os que suxeriron a idea de traballar na recuperación de embarcacións de vela lixeira en desuso, contribuíndo activamente nas fases de deseño e fabricación. Partindo dunha embarcación de iniciación á vela modelo “Cadete MK III” donada por un particular, propuxeron nunha serie de cambios na estrutura e aparellos para que puidese ser accesible e navegable para calquer persoa. Logo duns meses de esforzo o resultado foi a botadura do prototipo “Singular Cadet” para navegación individual que estará a disposición nas xornadas náuticas que ao longo de todo o ano se desenvolven no Clube Náutico de Ribeira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario