22.9.11

Ribeira: planean levar o programa de dinamización dos vellos a todas as parroquias

Programa_maiores

  • A festa do Maior celebrarase o 23 de outubro na praza de España 

 

Ribeira, 22 de setembro de 2011.- O concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social de Ribeira, Vicente Mariño de Bricio, deu a coñecer hoxe o Programa de Dinamización para os Nosos Maiores organizado dende a súa área municipal, e que afronta como gran reto para este curso 2011/2012 a aspiración de que todas as parroquias de Riveira dean cabida a algunha das actividades da iniciativa. 

Con este motivo, os Servizos Sociais confían en que haxa demanda suficiente tamén nas tres parroquias que aínda non albergaron ningunha actividade para maiores, é dicir, Artes, Corrubedo e Oleiros, para que se poidan sumar a Olveira, Carreira e Corrubedo (que dan cabida a este tipo de actuacións dende o ano pasado) e ás xa tradicionais Olveira, Carreira e Corrubedo, lugares onde este tipo de oferta está totalmente consolidadas.  

Illamento

Vicente Mariño, que estivo acompañado pola xefa de servizo María Francisca Vidal e pola coordinadora da programa, María José Carreira, incidiu en que o plan de dinamización promovido coa colaboración dos clubs de xubilados existentes no concello, ten como o obxectivo romper a situación de illamento e soidade que teñen que sufrir moitos dos maiores, así como mellorar a súa saúde física e mental e aumentar a súa autoestima colectiva. 

Para tal fin, os obradoiros organizados serán os xa tradicionais de Enriquecemento Educativo (con grupos en Ribeira, Aguiño, Palmeira, Artes e Oleiros, con posibilidade de ampliación ao resto das parroquias segundo a demanda), Estimulación Cognitiva (en Ribeira), Informática (tanto de iniciación como de perfeccionamento, que ademais de en Santa Uxía se intentará celebrar tamén na aula multimedia de Aguiño), As Nosas Historias (obradoiro en galego en colaboración con Normalización Lingüística) e Bailes de Salón e Pandeireta (en colaboración coas Amas de Casa, con grupos en Ribeira, Aguiño e Palmeira).  

A maiores e como novidade, haberá tamén un novo taller de Inglés impartido polo voluntariado social. 

A día de hoxe xa hai varios centros de persoas anotadas nalgúns destes cursos, pero todos os maiores interesados poden facelo ata o día 5 de outubro nas novas dependencias dos Servizos Sociais na praza 8 de marzo (número 981 874 131). 

Xuntanza do maior e escola de Braille

Mariño de Bricio anunciou tamén que a sexta edición da Xuntanza dos nosos Maiores celebrarase o domingo 23 de outubro e que cambiará de escenario con respecto a convocatorias anteriores e celebrarase na praza de España. Preténdese que este evento sirva de xornada lúdica en que os maiores gocen dun distinto, con música e baile, ademais dun xantar. 

Aproveitando a súa intervención, o edil municipal tamén avanzou que se está a preparar unha Escola de Braille que estará aberta a calquera persoa con independencia da súa idade que queira aprender a linguaxe dos invidentes e que será impartida polo voluntariado social.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical