Boiro, 22 de setembro de 2011. Este sábado 24 de Setembro terá lugar a presentación da última novela de Miguel Anxo Fernández, titulada "LUME DE COBIZA". Será ás 21.00 horas no local social de Aturuxo (r/Principal nº118 Boiro). Prometen dende este colectivo xuvenil ter "un interesante debate arredor da produccion literaria e do mundo do cinema na Galiza e ao remate teremos uns pinchos".
O Carballiño, Ourense, 1955.
Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, escritor, ensaísta e director da revista trimestral Audiovisual Galego .
Crítico de cine e televisión en La Voz de Galicia .
Colaborador do programa Planeta Cine (Televisión de Galicia) e do espazo Diario cultural (Radio Galega).
Membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega .
Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia desde 2003.
Director do curso de verán promovido anualmente pola Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005, especializado en audiovisual.
Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España, á Academia Audiovisual Galega, ó Patronato del Museo do Pobo Galego e ó Pen Club de Galicia.
Foi presidente-fundador da Federación de Cine Clubs de Galicia e vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual .
Dirixiu entre 1984 e 1995, as Xornadas de Cine e Video en Galicia, Xociviga.
Presentou e dirixíu na Televisión de Galicia o programa Galicia no cine e Versión orixinal nos anos 1986 e 1987.
Asesor cinematográfico da CRTVG (1985-1987).
En 1989 foi comisario en Vigo da mostra única Cinegalicia na que se presentaron as tres primeiras longametraxes galegas de ficción: "Sempre Xonxa" (Chano Piñeiro), "Continental" (Xavier Villaverde) e "Urxa" (Alfredo G. Pinal/Carlos A.L. Piñeiro).
Autor de numerosa obra de ensaio, entre os seus títulos destacan Crónica de Cine. O Carballiño 1900-1994 (I Premio ex-aequo Historia Cinematográica de Galicia, CGAI, 1994), Carlos Velo. Cine e exilio (A Nosa Terra, 1996), As imaxes de Carlos Velo (Premio Sempre en Galiza, A Nosa Terra, 2001), A Bella Otero, pioneira do cine (V Premio Historia Cinematográfica de Galicia, CGAI, 2003), Emilio Baños Santos. Unha vida entre películas (Xunta de Galicia/Festival de Cine de Ourense, 2003),Rodado en Galicia (Consorcio Audiovisual de Galicia, 2005, 2007), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007) e Las huellas del exilio (VV AA., Tébar, 2008). Tamén editou Os amigos de Chano Piñeiro (Xunta de Galicia, 2007) e 25 anos de Mamasunción (Xunta de Galicia, 2008). Coordinador xunto a José Luis Cabo de Diccionario del Cine en Galicia 1896-2008(CGAI, 2008).
Como escritor de ficción en galego, é autor da triloxía protagonizada polo detective privado Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (Premio de Novela García Barros, 2002), Un luar no inferno (2006) e Tres disparos e dous friames (2008), publicadas na editorial Galaxia. Tamén escribiu O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004) e O sangue dos Cortiña(2004).
Entre os numerosos recoñecementos recibidos, destacan o premio de honra Fernando Rey concedido pola Academia Galega do Audiovisual en 2001 e o Premio Honorífico da Fundación AISGE no 2004.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario