Gaiola de salmóns. Imaxe de Que pasa na Costa, aquí Muros-Noia, 5 de outubro de 2011. O BNG vén de rexistrar no parlamento galego unha pregunta sobre a aparición de centos de salmón mortos na ría de Muros e Noia. A explicación máis verosímil, en canto a súa orixe, é que procedan da gaiola que a empresa North West Food ten fondeada nesta ría, destinada á cría desta especie e que ten provocado unha moi importante contestación social por parte de mariscadores, mariñeiros e mexilloeiros.
Lembran os do BNG da comarca de Muros e Noia que xa se pronunciaron en contra da instalación destas gaiolas por entender que non existen garantías de que non teñan afectación sobre a riquísima biodiversidade dos nosos estuarios e por apostar, ademais, por un xeito de explotación dos nosos recursos pouco sostíbel socialmente e alonxado da práctica habitual no noso territorio, ao realizarse por parte dunha empresa multinacional. Por esa razón, o BNG realizará na Comisión de Pesca e Marisqueo as seguintes preguntas:‐ Que información posúe a Consellería do Mar sobre o feito relatado?
‐ Que accións ten previsto realizar para investigar dito feito e as súas consecuencias?
‐ Que medidas prevé a consellería tomar tanto no apartado da contaminación como no referido á responsabilidade da empresa North West Food, se ao final se confirma dita responsabilidade?Antes, en Certo:
- Grave conflicto pola instalación de gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia
- O PP loitaba na oposición contra as gaiolas que agora defende
Pode que tamén lle interese:
Mitin do Bng en Noia: este venres 7 de outubro, con Francisco Jorquera
Gas: máis cartos para buscalo fronte a Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario