Ribeira, 5 de outubro de 2011. Segundo explicou hoxe en nota de prensa o director do IES Leliadoura, Óscar Núñez, "no IES Leliadoura temos alumnado con necesidades educativas especiais e adaptación curricular individualizada escolarizados nas aulas da ESO e que precisan de apoio de profesorado das especialidades de pedagoxía terapéutica (PT) e de audición e linguaxe (AL). Desde sempre este centro contou con dous profesores de PT para realizar este apoio na ESO. Asemade desde 2006 abriuse unha aula especifica que escolariza a alumnado gravemente afectado. Este curso esta aula ten 4 usuarios (1 máis que o curso anterior), 3 alumnas e un alumno, e é atendida por dúas profesoras. Este curso a Consellería de Educación asignou ao centro unha profesora de AL e unha única profesora de PT (en lugar das dúas coas que viñamos contando en cursos anteriores). Por isto, temporalmente e mentres a Consellería non asignara a segunda praza de PT, tomouse a decisión de que a aula específica tivera un horario atención máis reducido, de 10:00 a 13:00".
Segunda praza de Pedagoxía Teraéutica, sen cubrir
"Despois de agardar durante o primeiro mes do curso por esta asignación pendente, a Administración Educativa informounos finalmente esta semana, e para a nosa sorpresa e indignación, de que esa segunda praza de PT non se vai cubrir durante este curso", explican dende o Leliadoura,onde sosteñen que "a principal consecuencia deste recorte será que no noso centro non dispoñamos de suficiente profesorado especializado para cubrir as necesidades do alumnado que máis dificultades ten no aprendizaxe. Por este motivo tamén, a Dirección do centro, oído o departamento de Orientación, tomou a decisión de voltar ampliar co horario que lle corresponde a aula especifica en detrimento da atención do alumnado con outras necesidades educativas especiais escolarizados na ESO que non van poder ser atendidos no apoio e reforzo que necesitan".
Repulsa polo recorte e posibles medidas de protesta
"Como segunda medida, a Dirección xunto co departamento de Orientación, queremos manifestar e difundir a nosa repulsa ante este último recorte da Administración, sobre todo cando desde a Consellería se informou durante todo o pasado mes de setembro que non habería recortes neste profesorado especializado (PT e AL). Neste sentido pódese citar literalmente a web da Consellería de Educación:
"A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria garante a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención ao apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino co curso que comeza este mes de setembro." (Máis información en http://www.edu.xunta.es/web/node/3148
Unha vez informada a comunidade educativa, dende o IES Leliadoura non se descartan futuras medidas contra o citado recorte", rematan.
Educación: o IES "Leliadoura", obrigado a acatar
IEs Leliadoura: en desacordo coa Consellería de Educación
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario