5.10.11

Ribeira: Achuchar conmemora a Semana Mundial da Lactancia o venres 7 no colexio de Frións


Ribeira, 5 de outubro de 2011. A Asociación para a Promoción da Maternidade, Crianza e Lactancia Materna de Ribeira, Achuchar, celebra este venres 7 de outubro a Semana Mundial da Lactancia, con varios actos no colexio de Frións.

Será a partir das cinco e media da tarde (17:30) e trátase de actividades gratuítas dirixidas a todos os públicos.
En primeiro lugar haberá unha charla informativa sobre a ximnasia hipopresiva, un método bastante novidoso para fortalecer abdominais e chan pélvico, zonas do corpo das nais que adoitan quedar "aqueladas" logo do parto. Será impartida por Natalia Gantes Mella, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e tamén especialista en actividade física para a muller, tanto no empreñamento como no postparto.


Para os nenos haberá animación a cárrego da compañía A Run Run (xogos e enredos).

Blog de Achuchar:
http://achuchar.blogspot.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical