25.10.11

Noia: a banda de música de Lousame dá un concerto este domingo 30 de outubro

  • Suporá a presentación do Certame Galego de Bandas de Música, que homenaxea ao noiés Prudencio Romo
  • Terá lugar ás cinco da tarde na Praza do Tapal

O local de ensaio de Noia leva o nome de Prudencio Romo

Noia, 25 de outubro de 2011. Segundo informou hoxe César García, presidente da Banda de Música de Lousame, o vindeiro domingo, 30 de outubro, haberá un concerto na praza do Tapal ás cinco da tarde como presentación do Certame Galego de Bandas de Música, que este ano homenaxea ao fundador dos míticos Los Tamara, o noiés Prudencio Romo.

Primeira vez de Lousame na Sección Terceira (o venres 25 de novembro)

O Certame Galego de Bandas de Música celebra este ano a súa V edición e está  organizado pola Federación Galega de Bandas de música populares e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela os días 25, 26 e 27 de novembro e a Banda de Lousame participa este ano por vez primeira na sección terceira, que inclúe as bandas con ata 50 músicos federados e que se celebrará o venres 25 de novembro a partir das 8 da tarde.  

No concerto interpretaranse as obras “Monte Medulio” (obra obligada) de Andrés Álvarez e “O demo de Carboeiro” (obra libre) de Manuel Blanco Dosil, que se estrea neste concerto. Tamén participarán a Coral Polifónica de Noia e as voces solistas de Esperanza Filgueira e Fernando Docampo para interpretar varios arranxos de temas de Los Tamara, e así homenaxear a figura de Prudencio Romo.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical