25.10.11

Ribeira: peóns quéixanse dos pivotes perigosos nas rúas peoniles do centro

Media_httpfarm3static_ryiwf

Os bolardos da rúa de Galicia xa levan dado máis dun desgusto

Ribeira, 25 de outubro de 2011. Moitos veciños de Ribeira xa levan tropezado neles e sufrido pequenas lesións corporais a consecuencia dos golpes con estes pivotes de metal ou pedra que pretenden impedir o acceso de vehículos ás rúas peoniles ou o aparcamento sobre as beirarrúas. As principais rúas onde adoitan producirse estes accidentes son a de Galicia e a de Santa Uxía. Varios veciños xa reclamaron ao Concello por danos ocasionados en obxectos particulares, unha vez deron co corpo no chan.


Por outra banda, un grupo de persoas invidentes de Ribeira, algúns deles traballadores da Organización Nacional de Cegos Españois, continúan instando á colocación de semáforos sonoros nas estradas locais para facilitar a súa accesibilidade e evitar accidentes.

Pode que tamén lle interese:


Obras: comezaron as de Novoneyra. Romero Ortiz abre por Defuntos


Sanidade: o 27 de outubro, mobilización


Renacer: cea benéfica o 28 de outubro



    

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical