50 VECIÑOS DE RIVEIRA PARTICIPARON NA VIAXE PARA MAIORES A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, ÚLTIMA DAS SAÍDAS CULTURAIS PROGRAMADA PARA 2011
Ribeira, 4 de outubro de 2011.- Medio cento veciños e veciñas do municipio tomaron parte en setembro na último das viaxes programados para 2011 polos Servizos Sociais dentro da iniciativa de Saídas Culturais para o colectivo da terceira idade.
Este desprazamento tivo como destino a localidade de San Andrés de Teixido, e durante o itinerario tiveron a oportunidade de coñecer tamén outros lugares como Pontedeume e Ortigueira, ademais dos acantilados de Vixía de Herbeira, os máis altos de Europa con 620 metros de altura.
A coordinadora do programa de dinamización social dos maiores, María José Carreira, acompañou á expedición.
Pode que tamén lle interese:
Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!
Carreira de Santa Uxía: uns 500 nenos correrán o 8 de outubro
Marcha ciclista: imaxes da de Santiago a Fisterra
A Creba: estrean curta o venres 7 de outubro
Altofalante 2011: gañou a Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza
Obradoiro: e quererán facer teatro os sen teito?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario