- O Concello tamén anunciou melloras na iluminación de Lepanto e Barreira
Concretamente, na próxima semana colocaranse catro badenes na avenida Miguel Rodríguez Bautista: dous deles á altura do colexio O Grupo e os outros dous ao principio de cada un dos lados da vía.
Polo que respecto ao entorno do colexio Galaxia, en principio está prevista a colocación dun badén na rúa 9 de agosto, máis ou menos na metade da vía, e se se estimase necesario colocaríase un segundo resalto na zona onde está a rotonda. Tamén se se considerase oportuno instalaríanse badéns nas inmediacións do colexio Bayón. Todos estes elementos estarán fabricados en aglomerado en quente e terán os marxes regulamentarios que establece a normativa.
Pode que no futuro tamén os poñan nas parroquias
No caso de que se constate a eficacia destes elementos para a regulación do tráfico, o Concello estenderá esta medida a outros centros educativos nas parroquias onde se detecte a necesidade de instar aos condutores a que baixen a velocidade.
Aforro enerxético nos alumeados de Barreira e LepantoO Concello vai mellorar o sistema de alumeado público nas rúas Lepanto e da Barreira, ambas situadas no casco urbano de Santa Uxía. A tal efecto, a administración local ven de adxudicar á empresa Miyares Electricidad, S.L. esta actuación, que tivo un orzamento de saída de 34.089 euros e foi finalmente concedida por 27.404 euros. O prazo de execución é un mes.
O proxecto da obra, que foi elaborado polos servizos técnicos municipais do Concello, contempla a substitución das luminarias existentes, xa bastante deterioradas, por outras novas que están adaptadas ás directrices da Unión Europea sobre contaminación lumínica e aforro enerxético.
Ademais, serán suplantados os brazos adheridos ás fachadas por outros de aceiro inoxidable de 1,5 metros de lonxitude. Tamén se cambiará a liña de alimentación en toda a rúa Lepanto e gran parte da rúa da Barreira.
Esta actuación está adscrita ao PAC-2, anualidade 2011, da Deputación Provincial da Coruña.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario