Noia, 4 de outubro de 2011. Este vindeiro sábado, 8 de outubro, ás 21:00 horas, no Liceo de Noia, terá lugar a representación de "Dous menos" de Samuel Benchetrit, a cargo do Grupo de Teatro Liceo.
Sinopse: Dous homes maiores espertan nunha sala de hospital para, en poucos minutos e ao mesmo tempo, ser informados de que lles queda nadiña de vida. Póñense de acordo para facer unha viaxe inesquecible, a cal non só se convirte nunha fuga do hospital senón tamén nunha volta aos sentimentos máis prezados polo ser humano. Foi escrita esta obra teatral polo mozo (nado en 1973) dramaturgo francés Samuel Benchetrit, e xa a levaron ao teatro en castelán Hector Alterio e José Sacristán.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario