Dodro, 4 de outubro de 2011. A Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo do Concello de Dodro que dirixe Cristina Codesido, inaugurou onte a mostra "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción". A exposición é unha iniciativa do Servizo de Educación para a Sostibilidade da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que o Concello de Dodro quere ofrecer para o coñecemento dos veciños, "xa que o cambio climático é un dos maiores retos cos que se enfronta a sociedade", aseguran dende o equipo de goberno.. A través de paneis, videos e algo de práctica, trátase de expoñer de forma amena e pedagóxica a situación actual sobre os efectos da contaminación a nivel planetario, así como as iniciativas industriais e as individuais que se poden tomar para facer fronte a estas ameazas. A exposición toma en conta o ámbito global pero resulta especialmente de interese nos aspectos máis próximos como os índices de contaminación en Galicia, respecto das expectivas do Acordo de Kyoto para a súa reducióne, as iniciativas que se están a desenvolver para mellorar o noso entorno e a posición que ocupamos dentro desta loita internacional. Para iso a exposición conta con elementos visuais, multimedia e interactivos que informan de forma concreta, ilustran respecto das interaccións e conxunto dos cambios que se están producindo e tamén permiten comprobar de forma directa e práctica a importancia e transcendencia de considerar alternativas para o transporte e a produción de enerxía co audiovisual “Cambio climático: ti tamén decides”, así como diminuír dentro do posible a nosa pegada ecolóxica mediante a redución de emisións contaminantes con pilas de combustible de hidróxeno a partir da radiación solar ou co uso da bicicleta para os desprazamentos persoais “E mais eu. Cantas emisións podo evitar? A exposición estará aberta nos baixos da Casa do Concello de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas para todos os públicos ata o día 17 de outubro, e recoméndase a visita en grupos de menores acompañados dos seus maiores para o maior aproveitamento. Realizaránse algunhas visitas guiadas sempre que se soliciten con antelación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario