24.11.11

Ribeira: o alumeado da Praza de España comeza a funcionar este venres 25

  • O martes 29 de novembro, na mesma praza, descubrirase unha escultura que conmemora medio século da empresa Frinsa
Media_httpfarm3static_ecucr

A Praza de España é saída ou meta de moitas actividades deportivas. Hai medio século, neste emprazamento comezou Frinsa del Noroeste


Ribeira, 24 de novembro de 2011. O Concello informou de que mañá venres polo serán procederase ao acendido do alumeado da céntrica Praza de España da cidade. 

A actuación corre a cargo de Mirón y Gutiérrez, S.A., dentro do proxecto de urbanización do Rueiro. Soelga é o nome da empresa que executou a instalación. 

En total son 23 as luminarias instaladas: 11 delas son luminarias sinxelas colocadas sobre postes de 5 metros, e as outras 12 son luminarias dobres, tamén sobre postes de 5 metros. Están feitas en aluminio color prata e levan lámpadas de 70 watios de aloxenuros metálicos. 

Aforro enerxético

Estes elementos son dun tipo idóneo para o aforro enerxético, ao tempo que producen unha maior sensación de luminosidade.

Escultura na honra de Frinsa

O próximo martes día 29 de novembro, ás 12 do mediodía, é a data e a hora escollidas para o descubrimento dunha escultura na céntrica praza de España de Santa Uxía, coa que o Concello quere conmemorar o 50ª aniversario da empresa Frinsa del Noroeste. 

O monumento medirá 3,20 metros (incluíndo á súa base) e levará unha placa cuxa inscrición explica que esta figura é un “recoñecemento ao traballo da empresa Frinsa e do seu presidente, D. Ramiro Carregual Rey, no seu 50º aniversario”. Precisamente, a praza de España é o lugar no que hai medio século comezou a andadura da conserveira coa instalación da súa primeira factoría.  

A escultura, creación do artista Miguel Couto, está feita en fundición en bronce á cera perdida. Distintas autoridades, entre elas o alcalde Manuel Ruiz Rivas e o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey, asistirán a esta efeméride.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical