14.11.11

Ribeira: "Airoas" rematou máis do 90% do previsto no obradoiro a un mes da súa clausura

  • O parque de San Roque foi o principal beneficiario do traballo deste obradoiro
  • 35 alumnos-traballadores en carpintería, xardinería e pavimentación con lastros aproveitan esta iniciativa para completar a súa formación


Ribeira, 14 de novembro de 2011.- O obradoiro de emprego Airoas -a través do cal se están a formar un total de 35 alumnos maiores de 25 anos- xa está na recta final e a veciñanza xa pode disfrutar da meirande parte dos traballos levados a cabo dende que principiara a iniciativa en decembro do pasado ano. De feito, a falta de pouco máis dun mes para a clausura do taller, xa foron executadas máis dos 90% das actuacións programadas nas tres especialidades que foron habilitadas: carpintería, xardinería e pavimentación con lastros. 

Unha vez máis, o Parque Periurbano de San Roque erixiuse na principal área beneficiada dos traballos desenvolvidos ao longo do curso. Tanto é así que os labores de pavimentación e axardinamento da entrada principal dende a estrada de Frións e a zona de aparcamento xa están practicamente rematados a falta de dar os últimos retoques. 

Outras intervencións realizadas no parque de San Roque foron a pavimentación con adoquinado de granito das catro rampas existentes de acceso ao parque e a canalización e recollida de pluviais en diversas zonas do mesmo (pavimentación), a conformación de sementeiros e plantas no invernadoiro do enclave (xardinería), ou a elaboración e colocación dunha pasarela de madeira de acceso ao Centro de Interpretación, de diversos puntos de luz e dun arco de madeira na entrada principal (carpintería). 

Pero as actividades desenvolvidas foron máis aló do recinto periurbano e, por exemplo, os alumnos inscritos na especialidade de pavimentación desenvolveron diversas actuacións dirixidas á eliminación de barreiras arquitectónicas, como a colocación de rampas en Amicos e nos colexios de Frións e Oleiros, e unha beirarrúa en Cubeliños. 

Polo que atinxe á  especialidade de carpintería, algunhas das actuacións dos alumnos centráronse na fabricación, mantemento e reparación no seu caso de mobiliario urbano nas distintas parroquias do concello (fabricación de taboleiros informativos, bancos, papeleiras, bancos, xardineiras, mobles de oficina,  reparación de pasamáns e de casetas vestiarios...). Tamén levaron a cabo traballos de reparación na Casa da Xuventude. 

En canto a xardinería, ademais dos traballos no parque antes citados, procederon a realizar labores de axardinamento e instalación de rego no CEIP de Aguiño e o mantemento de distintos espazos verdes do Concello. 

Paralelamente a estas e a outras actuacións que repercutiron no benestar e calidade de vida da veciñanza, o curso dou cabida a outras accións que incidiron na formación dos propios participantes. Así, 14 dos alumnos matriculáronse na ESA a distancia (Educación Secundaria de Adultos), tiveron ocasión de asistir a un ciclo de alfabetización informática e a senllos cursos de prevención de riscos laborais, primeiros auxilios ou motivación emprendedora. 

A día de hoxe, no obradoiro se está a traballar en diversos aspectos ligados á inserción laboral dos alumnos traballadores (elaboración de currículo, carta de presentación, entrevista de traballo...) e xa se iniciaron contactos con empresas da zona a fin de sondear o mercado.  
 
 
 
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical