14.11.11

Porto do Son: o domingo 27 de novembro, concerto solidario para axudar á nena boirense Paula

Paula_operada


Porto do Son, 14 de novembro de 2011. As iniciativas para seguir axudando a Paula, a meniña de Boiro que naceu sen sacro e que está a ser tratada en Alemania, continúan. Desta volta organízase un concerto solidario o vindeiro dia 27 de novembro, domingo, no pavillón municipal de Porto do Son.
Polo de agora, os artistas confirmados son:
O RAPAS DE RODELA ( www.orapasderodela.com)
OS MORDECANS ( http://www.myspace.com/mordecans )
NESTOR DO NOSO ( http://www.myspace.com/nestordonoso )
A CORAL DE PORTO DO SON
GRUPO DE BAILE ANDURIÑA PORTO DO SON
FERNANDO DO CAMPO
MANUEL ALSINA

Neste grupo de Facebook cóntase a historia de Paula, por se aínda queda xente que non a saiba:

https://www.facebook.com/PaulaNecesitaAyuda?sk=info

Para aqueles que non poidan asistir a este acto solidario pero queiran axudar economicamente ao custoso tratamento para que Paula poida andar e levar unha vida normal como calquera nena, o número de conta 2080-0311-15-3000161584 de Novacaixagalicia é onde teñen que ingresar o que boamente poidan.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical