24.11.11

Ribeira: Teatro Galileo representa "Sempre quixen bailar un tango" este venres 25 na quinta función da Mostra de Teatro

  • O sábado 26, en Aguiño, "O achado do castro"
Media_httpwwwgaliciam_jgggj

Imaxe de Culturavai

Ribeira, 24 de novembro de 2011. O Auditorio Municipal acollerá mañá venres, a partir das 21.30 horas, a quinta función da Mostra de Teatro de Ribeira 2011, na que a compañía Teatro Galileo representará a peza traxicómica “Sempre quixen bailar un tango”. 

Baixo a dirección de Pedro Rubín, e cun elenco formado por Fernando Morán, Isabel Blanco, Ana Santos e Tanas, todos eles grandes coñecidos polo público grazas á súa participación en distintas series de televisión, tanto na galega como a nivel estatal, a función “Sempre quixen bailar un tango”, escrita por Teresa González, preséntase como unha traxicomedia que non deixa indiferente a ninguén e que reflexiona sobra as cousas que deixamos sen facer e sen aprender ao longo da nosa existencia.  

Trátase dunha viaxe emocional, por medio do humor, sobre as cousas valiosas da vida e o transcurso do tempo. Un texto intelixente cunha magnífica posta en escena e un traballo excepcional que conseguirá facernos rir, chorar, e en definitiva, emocionarnos. 

O acceso é gratuíto. As entradas poderanse retirar media hora antes do inicio da función.

O sábado 26, en Aguiño, última función

Media_httpfarm7static_grdvf

Este sábado, 26 de novembro, Teatro Charamela, de Melide, representa “O Achado do Castro”, de Manuel Núñez Singala. Dirixida por Jesús Gómez Lareo, trátase dunha comedia de enredo que xira en torno ao achado dun manuscrito nun castro que nos traslada á época romana onde o emperador, a súa filla, unha mercante, escravos e ladróns se mesturan nun descontrol case sen sentido para facer morrer de risa ao público asistente.

Con esta función remata a III Mostra de Teatro Amador "Francisco Lorenzo" de Aguiño.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical