- O traxecto deste ano é de Tállara a Guiende
- O belén colócase nun antigo muíño. Ao remate, chocolate con rosca para os participantes
Imaxe en Panoramio de Andrés Villar do belén de Cumes de 2005Lousame, 12 de decembro de 2011. Este vindeiro sábado, 17 de Nadal, o concello de Lousame organiza o Belén de Cumes. Faise unha ruta de seis quilómetros desde Tállara a Guiende, onde se colocan as figuras do belén (este ano nun muiño dos máis antigos da zona) e cántanse unhas panxoliñas. Ao remate tómase unha chocolatada con rosca para todos. Este ano como novidade estrearase unha ruta que se compón de 18 quilómetros e que vai de Tállara ao Iroite e volta.
O vindeiro sábado, entón, pódese escoller entre a andaina longa e a curta aínda que os primeiros catro quilómetros son comúns nas dúas. Para maior información consulta a web do concello pola semana, en http://concellodelousame.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario