A Pobra, 23 de Nadal de 2011. O Bng rexistrou xa no Concello unha serie de alegacións sobre a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal dos polígonos urbanísticos 9 e 10, onde o actual grupo de goberno do PP pretende ubicar o novo centro de saúde da vila.
Esta teima, que xurdiu en agosto de 2010, supuxo a elaboración dun plan especial de desenvolvemento do polígono urbanístico 9 para poder levantar alí o novo centro médico. Contra isto, a secretaría xeral de Urbanismo da Xunta emitiu un informe "absolutamente demoledor", segundo explican os nacionalistas, sobre este plan especial, no que se botaba por terra a idea do Concello debido a fallos evidentes como a escaseza de aparcamentos, que é unha leira pequena e está a carón do cemiterio.
Unha vez desbotado o plan especial, agora o Concello aposta por iniciar unha modificación puntual do PXOM para que a Xunta permita ubicar o centro sanitario nos terreos propostos. O Bng alega contra esta aprobación inicial, e a Xunta aínda ten que voltar informar e, se o fai favorablemente, hai que facer a aprobación definitiva. Segundo argumenta o Bng, "aínda vai para largo, por iso volvémoslle reclamar o arranxo do centro de saúde actual ao goberno do PP, para que non continúe a deterioración e se poida considerar un edificio digno para os usuarios e usuarias e para o persoal que alí traballa".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario