- Trátase dos baixos do inmoble número 24, que os donos deben pechar, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Bieito González
Noia, 23 de Nadal de 2011. A Consellería de Urbanismo do Concello de Noia, a instancias dos propietarios das vivendas situadas do inmoble número 24 da rúa Pontevedra, esquina rúa Outonil (edif. CUNQUEIRO), vén de iniciar o expediente do “deber de conservación” dos baixos de dito inmoble.
O expediente vai dirixido á empresa propietaria dos baixos, no sentido de obligarlle á mesma ao seu cerramento, tal como se recollía no seu día nas condicións da licenza urbanística concedida para a construción do citado inmoble.
Do informe técnico que figura no expediente extráense os seguintes parágrafos: “Os baixos teñen que estar totalmente tapiados con materiais e aspecto de acabado, e non de obra inconclusa e con valados provisorios. A propiedade dos mesmos procederá a pechar os baixos do inmoble con tabique de ladrillo, recebado e pintado en cores neutros, preferiblemente branco”.
Os servizos técnicos municipais calculan un orzamento de 9.450, 33 euros, ao que ascenderá a obra do cerramento dos baixos en cuestión, establecendo un período temporal para a execución da mesma de un mes.
As obrigas emanadas do “deber de conservación” para os propietarios de toda clase de fincas, instalacións e obras, veñen recollidas no texto da actual Lei do Solo de Galicia, e habilitan aos Concellos para promulgar, se fora o caso, ordes de execución subsidiaria con cargo aos propietarios dos mesmos.
Pode que tamén lle interese:
Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia
Colectivo Escollera: propoñen moción para que se unan partidos políticos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario