10.1.12

A Pobra: lixeira suba das visitas ao Museo Valle-Inclán con respecto ao ano pasado

  • Máis de 10.500 persoas pasaron polo recinto adicado á vida e obra do xenial escritor en castelán

A Pobra, 10 de xaneiro de 2012. Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do pasado ano 2011, pasaron polas dependencias do Museo Valle-Inclán un total de 10.541 persoas procedentes dos máis diversos lugares, non só da xeografía galega, de onde proceden 5.069 das visitas, senón tamén de toda a xeografía española, desde territorios como Madrid, Castela e León, Andalucía, Canarias, etc, segundo informou hoxe a técnica do Museo, Begoña Olveira.

No caso do estado español a comunidade madrileña é o lugar de procedencia do maior número de usuarios cun  total 1.524. Por detrás de Madrid situaríase a comunidade de Castela e León con 1.092 orixinarios desta rexión, Andalucía con 683 e Asturias con 414. No que se refire ós chegados desde máis alá da fronteira española, de lugares tan variados como Francia, Inglaterra, Arxentina ou Brasil, o
total é de 148.

Se se fai unha comparativa coas cifras que se manexaban en 2010 por esta mesma data de 31 de decembro, cun total de 10.442 persoas, percíbese un aumento total de 99 visitas, o que sitúa en cifras totais de lixeiro aumento. A tónica xeral na distribución do usuario non disinte da de anos anteriores: son os meses invernais os máis desfavorecidos e segundo avanza a primaveira tamén aumentan as visitas, acadando o seu máximo no mes de agosto con 2.975 persoas. Especial relevancia tiveron os grupos neste ano 2011, cun total de 117, no que tivo particular
importancia o feito de que algunhas axencias se fixeron habituais durante toda a tempada estival, elevando a 75 o número de colectivos promovidos por axencias e turoperadores que pasaron polas instalacións ó longo deste exercicio, dos que máis da metade recorreron á modalidade de visita guiada concertada; preferindo os outros optar pola visita libre. Tamén nos grupos (coma no caso dos rexistros individuais), foi maioritaria a procedencia das visitas chegadas desde a área de Madrid, Castela e León e Asturias.

Botando unha ollada ás gráficas tamén se fai  unha diferenciación clara en canto á época do ano que prefieren a maioría dos colectivos para realizar as súas viaxes, sendo a partir do mes de maio, durante os meses estivais e comezo de outono cando se rexistran as cifras máis altas, particularmente polo que se refire ás axencias e turoperadores. No tocante ós colexios os meses seleccionados son sobre todo os previos ás vacacións de verán, maio e xuño.

Máis información, coas gráficas, no arquivo inserido

VISITAS Ó MUSEO VALLE-INCLÁN.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical