Rianxo, 11 de xaneiro de 2012. Esta fin de semana preséntase solidaria en Rianxo. Unha volta máis, a beneficiaria é a nena Paula de Boiro, que naceu sen sacro e está a tratamento en Alemania. O grupo de teatro amador máis lonxevo e vello de Galicia, "Airiños", porá sobre o escenario do auditorio rianxeiro "ATA QUE A MORTE NOS SEPARE", unha obra baseada na farsa "4 corazones con freno y marcha atrás" de Enrique Jardiel Poncela, versión de Esther F. Carrodeguas,
Con esta proposta, organizada polo CADRO ARTÍSTICO "AIRIÑOS", en colaboración ca Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística e distintas entidades do Concello, co fin de recadar fondos a beneficio de Paula (a través do sorteo de varios lotes de productos doados polo empresariado / comercio local), dase inicio ao programa dos Actos Castelao 2012. Datas e horarios das representacións:
SÁBADO DÍA 14 - 20.30 Horas
DOMINGO DÍA 15 - 20.00 Horas (Previa a representación teatral do domingo, os PEQUENOS AIRIÑOS, porán en escea a obra "O dragón empachado")
Entrada de balde. Interesados / as poden retirar as invitacións (max 2 por persoa) 1 hora antes das representaciónsColaboran nesta causa benéfica a Asociación Rianxeira de Empresarios, o Centro Comercial Aberto de Rianxo, A Asociación de Hosteleir@s de Rianxo, o Centro Cultural "Simón Varela" e o Moto Club "Jas a Tope".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario