- Será a primeira das charlas do ciclo "Ramo de Loureiro"
Noia, 11 de xaneiro de 2012. Este venres, día 13 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia a concellería de cultura de Noia organiza a primeira das charlas do ciclo literario RAMO DE LOUREIRO.
Nesta ocasión, e co gallo da celebración no 22 de decembro deste ano pasado 2011 do centenario do nacemento de ÁLVARO CUNQUEIRO organízase unha charla sobre a obra e proxecto literario do escritor mindoniense. Impartirá a charla César Cunqueiro González-Seco, fillo do senlleiro autor- e moderará o profesor Xavier Castro Rodríguez.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario