10.1.12

Ribeira: abre o prazo para anotarse nos cursos de alfabetización dixital nas parroquias

  • O Concello valorou hoxe os bos resultados da campaña de actividades de Nadal

Media_httpfarm6static_ywwas

En xuño do ano pasado xa houbera outros cursos de alfabetización

Ribeira, 10 de xaneiro de 2012.- O Concello informa de que mañá mércores, día 11 de xaneiro, ábrese o período de inscrición nos Cursos de Alfabetización Dixital que no presente trimestre terán lugar en seis parroquias do municipio: Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Olveira e Ribeira. 

Estes cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son moi indicados especialmente para certos colectivos como maiores, amas de casa, inmigrantes ou parados. 

As clases estenderanse dende o 30 de xaneiro ata o 4 de abril e os interesados en anotarse poderán facelo na Aula Multimedia (planta baixa da confraría de Pescadores) de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. O prazo de inscrición expira o 27 de xaneiro. 

O calendario lectivo inicialmente planteado e os lugares nos que se impartirán as clases son os seguintes: 

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
De 10 a 11:30 h CARREIRA

Casa da Cultura

9:45 – 11:15

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º E)

CARREIRA

Casa da Cultura

9:45 – 11:15

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º E)

 
Aula Aberta
De 11:30 a 13 h CASTIÑEIRAS

Casa da Cultura

11:30 – 13:00

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º F)

CASTIÑEIRAS

Casa da Cultura

11:30 – 13:00

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º F)

 
Aula Aberta
De 16 a 17:30 h OLVEIRA

Casa da Cultura

16:30 – 18:00

(Grupo 1º C)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º G)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º G)

OLVEIRA

Casa da Cultura

16:30 – 18:00

(Grupo 1º C)

Aguiño

Aula Informática

17:00 – 18:30

De 17:30 a 19 h ARTES

Casa da Cultura

18:15 – 19:45

(Grupo 1º D)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º H)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º H)

ARTES

Casa da Cultura

18:15 – 19:45

(Grupo 1º D)

Aguiño

Aula Informática

18:30 – 20:00


Valoración do Nadal

Por outra banda, a voceira do Equipo de Goberno do Concello, Herminia Pouso Maneiro, deu conta dos principais asuntos tratados hoxe durante a reunión semanal que este grupo mantén todos os martes. Un dos temas que ocupou boa parte do encontro desta xornada foi o de facer balance da organización das actividades de Nadal, que foi cualificado de “éxito” e sobre o que se destacou especialmente que a implicación de asociacións e empresas resultou determinante para a boa acollida da programación. 

Herminia Pouso explicou que á hora de confeccionar o programa se tiveron en conta as demandas de todas as franxas de idade e, sen ánimo de ser exhaustiva, enumerou algunhas das accións realizadas, como os obradoiros de Nadal (de arte floral e decoración de Nadal; cociña e repostería de Nadal; arte e iniciación ás artes plástica; Nadal Xogo e, como novidades, os talleres de informática e novas tecnoloxías e Nadal Concilia), a estrea da película Sinbad (con localizacións en Corrubedo e outros puntos do concello), o cine de Nadal e os espectáculos infantís de teatro, maxia e monicreques que se sucederon polas tardes no Auditorio Municipal.  

Tamén destacou a boa acollida da comida de Nadal para xente sen recursos e da campaña comercial de Nadal que se puxo en marcha conxuntamente coa Deputación Provincial e coa Asociación de Empresarios, co obxectivo de incentivar as compras durante estas épocas que son esenciais para o pequeno e o mediano comercio da nosa cidade. Mención aparte mereceu a Cabalgata de Reis, na que foi un acerto que despois de varios anos se retomase a idea de que o carteiro real visite todas as parroquias do municipio para recibir as cartas dos nenos. 

Tamán louvou a implicación das asociacións de persoas con diversidade funcional A Creba, Ambar e Amicos, que contribuíron a engalanar á cidade con decoración navideña. E quixo eloxiar o labor a pé de rúa dos membros de Protección Civil e dos axentes da Policía Local que velaron pola seguridade dos cidadáns. 

Pouso Maneiro cifrou en máis de 30.000 euros o recortado con respecto ao ano anterior "grazas ao esforzo xestor das Concellerías implicadas".  

Autocrítica

En canto aos erros detectados, a voceira fixo alusión a que o aforo para os espectáculos do Auditorio e para o cine de Nadal foi limitado e houbo xente que se quedou sen participar. Ademais, manifestou que o reparto de caramelos durante a Cabalgata non foi o máis axeitado. A edil afirmou que o Equipo de Goberno tomou nota destas incidencias a fin de solucionalas de cara o próximo ano. 

Abesadas

Noutro orde de cousas, o pasado 5 de xaneiro saíu unha orde da Consellería de Presidencia na que se convocan unhas subvencións para a revalorización de espazos públicos. Neste sentido, segundo comunicou Herminia Pouso, é propósito do Equipo de Goberno solicitar unha subvención para a renovación do barrio de Abesadas.  

“Estamos poñéndonos a traballar na redacción dun plan de actuación integral que contemple inicialmente a urbanización da rúa Pai Sarmiento, a adecuación do entorno da pista deportiva de Abesadas, o arranxo do parque de Abesadas e a mellora da súa zona axardinada, un cambio de luminarias que as faga máis acordes co tecido edificativo da zona e a reordenación da circulación de vehículos”, manifestou. 

Outro punto tratado na reunión de hoxe foi a creación dunha comisión encargada de redactar un plan contra o vandalismo e a promoción dunha movida san no municipio. A tal efecto, o Concello convocará aos axentes implicados nas áreas educativa, asistencial, empresariais e de orde público do municipio a fin de desenrolar entre todos fórmulas dirixidas a concienciar á xuventude sobre que é posible unha diversión máis san, ao tempo que máis respectuosa coas instalacións e o mobiliario urbano.

Pode que lle interese:


Liceo Marítimo: asemblea o 15 de xaneiro


Carreira popular de Nadal:  fotos e clasificación


Nadal Cultural: imaxes de tres obradoiros


Cursos de galego: aberta inscrición para Celga 2012

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical