5.1.12

Ribeira: remataron tres obradoiros do Nadal Cultural

</object>

O escultor ribeirense Jontxu Argibay deu un curso de modelado en 3D en Nadal Xogo

Ribeira, 5 de xaneiro de 2012. A mañá de hoxe viviu dous actos cos que o Concello procedeu á clausura de tres obradoiros dirixidos á conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións de Nadal. 

O primeiro deles tivo lugar na Aula Multimedia de Ribeira: local no que se deron cita o tenente de alcalde Juan Luis Martínez, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o axente TIC Abel Alonso, para entregar os correspondentes diplomas e algún agasallo de ambiente navideño aos nenos participantes (27 en total) no obradoiro InforNadal, dedicado á introdución nas novas tecnoloxías.  

Unha hora máis tarde, sería o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira o escenario elixido para acoller un pequeno acto festivo co que se puxo fin aos obradoiros Nadal Concilia e Nadal Xogo.  

Antes da entrega de diplomas (que correu a cargo da tenente de alcalde Dolores Elorduy e a edil Elvira Pisos) os tres grupos de nenos asistentes (dous de Nadal Concilia e un de Nadal Xogo) deleitaron ao público de pais e nais con outras tantas panxoliñas.  Cada un dous tres grupos tivo 30 participantes.


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical