22.3.12

A Pobra: turismo de ida e volta. Pobrenses van ao Escorial e madrileños veñen ao museo local de Valle-Inclán

A Pobra, 22 de marzo de 2012. Namentres un grupo de pobrenses marchaba ás seis da madrugada do 21 de marzo cara a Madrid, esa mesma tarde, da capital do Estado, achegábase un grupo de 30 persoas para coñecer de cerca os lugares barbanzanos máis ligados á figura de don Ramón María del Valle-Inclán. Antes de retornar ao hotel no que se hospedan estes días de estancia en terras galegas, aproveitaron o soleado día para pasear polas rúas da vila e asomarse a Villa Eugenia, a Farmacia de Tato e os Xardíns de Valle-Inclán.


Mentras, os pobrenses de viaxe -nada menos que catro días por aí endiante-, logo de asentarse no céntrico hotel no que se hospedan, encamiñáronse cara ao Mosteiro do Escorial, unha especie de Cidade das Reliquias ideada polo rei -da dinastía Habsburgo, non como o de agora que é Borbón- Felipe II, "El Prudente", disque. O lugar é Monumento Patrimonio da Humanidade e conta cunha importante historia, posto que foi a  antiga residencia real, mentres que hoxe é o acubillo dos monxes da Orde de Santo Agostiño. Os seus muros están decorados con obras de recoñecidos  pintores como O Bosco, O Greco ou Goya, e entre as súas obras de arte máis preciadas atópanse facturas de nomes como Cellini e Bernini, ademais das coñecidas reliquias que Felipe II, xa medio trastornado pola relixión, mandou dispór estratexicamente en cada recuncho.

Na xornada do venres terán a posibilidade dunha visita panorámica en autobús e de visitar lugares como a Catedral da Almudena e o Palacio Real.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical